2 de julio de 2023

Excursión 2023

Despois dun parón obrigado de 3 anos, voltamos coa nosa excursión anual. Esta vez fomos á capital da comarca do Ribeiro, a Ribadavia, no oeste da provincia de Ourense.

En Ribadavia visitamos o Conxunto Monumental de Santo Domingo e o Santuario de Nosa Sra. do Portal, o Castelo dos Condes de Sarmiento, a Praza Maior, a igrexa de Santa María Magdalena, a igrexa de San Juan, o "Barrio de la Judería”,... paseamos polas súas estreitas rúas e contemplamos a súa riqueza arquitectónica, explicada con moita sabiduría e dedicación polo noso fantástico guía, Juan Carlos.

Achegámonos a unha bodega pertencente á denominación de orixe do Ribeiro, O Priorato de Razamonde, situada á beira do río Miño nun enclave precioso. Realizamos un pequeno percorrido polos viñedos para coñecer o proceso de elaboración dos viños, a historia da adega e do Ribeiro. Ao finalizar desfrutamos dunha degustación de viños acompañada dun fantástico aperitivo.

Xa pola tardiña dirixímonos ao Mosteiro de Oseira, polas súas dimensións coñecido como O Escorial galego e situado na localidade de San Cristovo de Cea. A guía do mosteiro explicounos a súa historia nas distintas estancias e claustros.

A volta á casa con cansancio (despois dunha xornada con temperatura superior aos 30º) e con felicidade (por compartir coa nosa xente un fermoso e diferente día).

A conta atrás para a seguinte xa comezou…

 


 pincha aquí enriba para ver máis

24 de junio de 2023

San Xoán 2023

E comezamos tempada de festas… o inicio é o San Xoán e foi unha fermosa xuntanza, coincidir cos veciños e amigos, falar, cantar, rir e bailar… 

que fantástica familia esta de Illán!!

Seguide así, sigamos así… sempre desfrutando e sempre compartindo!!

Graciñas a todos por vir, por compartir e por desfrutar!!!

Vémonos prontiño